Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda acondiciona unha parcela de Dornelas para facer un estacionamento

Silleda. O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Antonio Ferro Losada, está a realizar traballos de acondicionamento dunha parcela municipal na parroquia de Dornelas, que se habilitará como zona de estacionamento preto do cemiterio da localidade. Os traballos estanse a realizar co turno de máquinas da Mancomunidade Terras do Deza.

Esta actuación, demandada polos veciños da parroquia, concluirá nos vindeiros días, trasladándose as máquinas a outros puntos do municipio onde tamén se levarán a cabo distintas actuacións.

Por outra banda, a biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda conta dende este luns con horario continuado durante a semana. Situada agora nas dependencias da Casa da Xuventude da localidade, está aberta de luns a venres en horario de 08.00 a 20.30 horas. s. e.

19 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.