Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
17:09
h

Silleda anima setembro con teatro, música clásica e libros

Silleda. O programa cultural MoVEMOS Silleda continúa en setembro e arrancará con actividades de dinamización lectora, a través do programa Ler Conta Moito, na biblioteca pública municipal Daniel Castelao. A primeira das citas será o vindeiro venres día 3, ás 17.30 horas, con Paula Carballeira e a sesión Elas tres. A nai, a nena e a bruxa. A biblioteca silledense acollerá en setembro outras dúas citas: o venres 17 cun obradoiro para bebés co lema Tecendo soños e o mércores 22, coa proposta Vivan as unllas de cores. Todos serán ás 17.30 horas.

Este sábado día 4, a compañía Hípica Celta recala na vila co espectáculo Circotour, ás 19.00 horas na praza da Igrexa, incluída no programa Cultura no Camiño, para o público familiar. A música clásica seguirá en Carboeiro da man da iniciativa Música no Ar, da Deputación, coa actuación o sábado 11 de setembro de Brais González (piano) e Beatriz Arenas (soprano), ás 19.00 horas. O domingo 12 Carboeiro e o seu entorno volven ser protagonistas do programa Monumenta, andar con arte, no marco da programación do Xacobeo 21-22. As actividades rematan o venres 24 da man da compañía Sarabela e a obra A lingua das boboretas. Será ás 21.00 no auditorio Manuel Dopazo. c.e.

01 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.