Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda comeza a renovar un dos parques infantís que permanecen pechados dende onte

É o localizado na praza de Juan Salgueiro // O Goberno local decidiu pechar este tipo de instalación ante o aumento de casos activos de covid-19 no pasado fin de semana

As obras de renovación do parque infantil situado na praza de Juan Salgueiro de Silleda comezaron onte co valado de todo o recinto e o inicio da retirada dalgúns elementos. A empresa Endenor, resultou adxudicataria desta inversión, por un importe 90.237,05 euros.

Esta actuación concorreu á liña de subvencións da Consellería de Vicepresidencia para equipamentos públicos vén acadar a colaboración da Administración Autonómica, que financiará o 40% do investimento, correndo o resto a cargo das arcas municipais.

Con esta obra renovarase todo o mobiliario, pavimento e iluminación deste espazo infantil, moi concorrido e que conta con elementos de xogo moi deteriorados polo uso e o paso do tempo. Con este proxecto búscase renovar todo o espazo adicado a parque infantil, que a día de hoxe ocupa unha superficie de 400 metros cadrados.

O alcalde, Manuel Cuiña, visitou hoxe a zona “que se mellorará substancialmente con esta actuación, moi necesaria visto o deterioro das instalacións polo paso de tempo”, engade.

Os traballos incluen novos elementos de xogo como unha tirolina, unha cesta e outros equipamentos novos, e tamén se prantarán novos árbores no entorno do parque. Estas tarefas deben estar rematadas antes de finais de outubro.

Cómpre recordar que os parques infantís da localidade –ao igual que os centros sociais– permanecen pechado dende onte, tras as novas restricións adoptadas polo goberno local que lidera Manuel Cuíña, tras os nove positivos detectados no pasado fin de semana que elevan ata os 29 os casos activos en Silleda. Desta forma poderán levarse as tarefas de renovación deste parque infantil sen causar ningún prexuízo aos usuarios.

15 sep 2020 / 18:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.