Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda crea un rexistro para acollida de refuxiados

Silleda. O Concello de Silleda está a elaborar un rexistro de recursos habitacionais para a acollida de persoas refuxiadas que cheguen de Ucraína, seguindo sempre os cauces oficiais e ca coordinación das Administracións supramunicipais. Para esta tarefa estase a contar co sector da hostalería local (hostais, albergues, hoteis...) aos que se está a consultar sobre a dispoñibilidade de prazas.

A día de hoxe xa hai ofrecementos coma o do albergue Santa Olaia, con 50 prazas para dar unha primeira resposta ás persoas que poidan chegar. “O que tratamos é de estar preparados ante esa chegada e a búsqueda de respostas a unha situación que non será inmediata senón que se alongará”, di o alcalde, Manuel Cuiña.

Nese rexistro figuran tamén vivendas baleiras que ofrecen particulares, aos que se lles agradece a súa colaboración. Toda a información sobre recursos dispoñibles será remitida á Fegamp, despois de que xa a pasada semana o Concello amosara a súa vontade de poñer recursos a disposición das persoas que o precisen. Todos aqueles que desexen colaborar neste sentido ou que queiran informarse sobre como axudar poden remitir un mail a silledasolidaria@silleda.es. arca

10 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.