Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda decide suspender a feira da Bandeira ao rexistrar ata noventa casos positivos o venres

Silleda. Debido á situación sanitaria actual e ao incremento de positivos en coronavirus (o pasado venres alcanzábanse os 90 casos), o Concello de Silleda decidiu suspender a feira da Bandeira, prevista para o vindeiro venres 29 de xaneiro.

“Tendo en conta o peche perimetral e a situación na que continúa o municipio en canto á incidencia da COVID, cremos que o prudente e sensato e suspender a cita feiral”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, quen afirmou que “a situación segue a ser preocupante porque pese a que se ten dado algunha alta todos os días se seguen a detectar novos casos”.

Á espera de novas decisións dende as autoridades sanitarias, Cuiña continúa apelando á responsabilidade ao tempo que desexa unha pronta e satisfactoria recuperación dos veciños e veciñas afectadas pola enfermidade. A maioría das persoas contaxiadas de Silleda recupéranse favorablemente nos seus domicilios, pero dous están ingresados na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Destacar que nos vindeiros días colocaránse bandos informativos que recollerán a decisión de suspender a feira da Bandeira. m. t.

25 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito