Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda decidirá os seus festivos para 2021 o vindeiro xoves

Deberán aprobar tamén as contas de 2019, que remataron cun superávit de 802.699 euros

O Pleno da Corporación de Silleda celebrará este xoves día 24 a súa sesión ordinaria na que se someterá a aprobación a proposta dos festivos locais para o vindeiro ano 2021. A proposta, abordada hoxe en comisión informativa, pasa por seguir a liña deste ano, declarando xornadas festivas o venres 9 de xullo (Festas de Silleda, coincidindo co Lacón) e o luns 23 de agosto (seguinte á Festa da Empanada da Bandeira).

Outra das cuestións que se someterán a aprobación é a integración na Rede de entidades locais para o desenvolvemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), no marco da Axenda 2030.

Compre lembrar ademais, que dadas as circunstancias sociosanitarias actuáis e tendo en conta as limitacións de aforo, a asistencia da Corporación será reducida, cun número proporcional á representación.

CONTAS DE 2019. Por outra banda, tamén se incluirá na orde do día a aprobación da Conta Xeral do exercicio de 2019, sendo o resultado de 802.699,13 euros. A conta xa fora dictaminada an comisión especial celebrada o pasado mes de xuño.

No informe recollese que o ingresos ordinarios “superan os gastos ordinarios”. Así, e segundo se recolle na Conta Xeral de 2019, os ingresos sitúanse en 6.443.303,81 euros, mentres que os gastos ordinarios foron de 5.681.613,11 euros.

O remanente de tesourería, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos dispoñibles, os que se deben e os pendentes de cobro) volveu ser positivo tamén, con con 703.327,35 euros, aumentando as cifras do ano anterior (o remanente en 2018 foi de 413.969,91 euros) , e seguindo a mesma liña dos últimos anos logo de deixar atrás as cifras negativas do ano 2013.

“Logo de anos escoitando a palabra déficit, o Concello de Silleda volve arroxar superávit un ano máis”, indica o alcalde e responsable de Facenda, Manuel Cuiña.

21 sep 2020 / 14:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.