Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda estreará a vindeira semana un novo programa de camiñadas

de vida saudables

Silleda. O Concello, a través dos departamentos de Deportes e Turismo pon en marcha o programa Silleda Camiña, que se paralizou dende o pasado ano por mor da pandemia. O programa arrancará a vindeira semana cunha das dúas vertentes, a das camiñadas semanais pola vila de Silleda e arredores, na tardiña dos martes e xoves, co asesoramento do técnico municipal de deportes, que informará sobre os percorridos e asesorará ás persoas participantes en función da súa idade e condición física.

O martes 13, ás 18.30 horas haberá unha reunión informativa no pavillón municipal de deportes César González Fares, que será o punto de referencia dos grupos.

As persoas participantes recibirán un chaleque reflectante e poderán realizar as rutas en solitario ou ben en grupos reducidos, seguindo as condicións da normativa sanitaria actual, sempre con máscara.

Indicar que as camiñadas dos martes e xoves o horario será, en principio de 19.00 a 21.00 horas, podendo incorporarse a esta iniciativa dentro da citada franxa. Este programa, que é gratuíto, busca fomentar hábitos de vida saudables así coma os desprazamentos a pé. arca

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.