Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda recibe da Xunta a titularidade das estradas PO-210 e 211

A cesión destas vías que unen a poboación coas estacións foi aprobada pola Xunta

Silleda. O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Silleda das estradas autonómicas PO-210 e PO-211, que unen a poboación da vila coas estacións ferroviarias.

O Concello de Silleda solicitou ao departamento de Infraestruturas da Xunta a transferencia da titularidade das citadas vías autonómicas cuxa finalidade inicial de acceso ás estacións de ferrocarril de Silleda e da Bandeira decaeu co progresivo abandono das terminais. Trátase de dúas vías autonómicas que discorren na súa totalidade polo municipio de Silleda e teñen un tráfico rodado de ámbito fundamentalmente local.

A Consellería de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, formula a proposta favorable de transferencia da estrada PO-210, de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude, que une A Bandeira coa estación ferroviaria da Bandeira, e da estrada PO-211, que comunica Silleda e a estación ferroviaria da vila, cunha lonxitude de 3,37 quilómetros.

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas. Co cambio de titularidade o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. arca

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.