Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda reparte tazas coa cara de Delgado Gurriarán

Silleda. A concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, repartirá entre a mocidade empadroada no municipio tazas ca cara estampada do escritor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Repartiranse de xeito gratuíto (ata esgotar existencias) entre a poboación máis nova, de 12 a 30 anos. Poderán retirarse dende o venres día trece na Casa da Xuventude presentando o Documento Nacional de Identidade.

Esta acción de difusión enmárcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuará na biblioteca municipal Daniel Castelao (sita no mesmo edificio) o vindeiro mércores día 18 co obradoiro que leva por título Atrévete a facer o teu propio libro, dirixido especialmente a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Con este obradoiro (17.30 horas) os participantes converteranse en autores da súa propia historia cun álbum ilustrado.

Por outra banda, tamén na propia biblioteca, pódese ver xa durante estes días unha mostra que recolle a vida e traxectoria de Delgado Gurriarán, natural de Vilamartín de Valdeorras, e autor de obras como Galicia infinda ou o Soño do Guieiro. s. e.

13 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.