Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda retoma a Escola de Familia no mes de decembro

Silleda. A concellería de Benestar e Educación, que dirixe Ángela Troitiño, retoma a iniciativa da Escola de Familias que busca converterse nun espazo de formación e apoio para pais e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes. Distintas persoas profesionais da pedagoxía e da xestión emocional serán as encargadas de impartir estas charlas informativas.

A primeira das catro sesións previstas para os vindeiros meses celebrarase o vindeiro sábado 3 de decembro baixo o lema Reiniciando. Está dirixida ás famlias das crianzas máis pequenas (de 0 a 6 anos), e nela abordaránse cuestións como a creación de hábitos, a coherencia no acto/discurso, o uso das pantallas, estilos de crianza ou como xestionar as rabietas, premios e castigos.

A cita será na casa da xuventude ás 10.30 horas e para facilitar a asistencia haberá unha sala de conciliación onde as crianzas serán atendidas por personal monitor mentras os proxenitores asisten á charla.

Baixo o lema Repensando, a segunda das iniciativas chega con dobre sesión para familias con menores de 6 a 12 anos. A primeira das quendas para esta franxa de idade será o 21 de xaneiro. arca

19 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.