Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda retoma o programa integral para as personas con Alzhéimer

O Conello renovou o convenio con Afapo para seguir este ano coas actividades

Silleda. O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano no municipio. A xunta de goberno acordou aprobar novamente o convenio de colaboración coa entidade, que vén impartindo este programa desde 2014 no municipio. Silleda destina al programa un total de de 17.390 euros.

“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.

Esta previsto que na vindeira semana, unha vez rematadas as valoracións por parte do personal especializado de Afapo, comecen a impartirse os obradoiros de estimulación cognifitiva para as persoas aqueixadas de alzhéimer e outras demencias que continuarán ata final de ano na casa da xuventude, como o resto de cursos.

Indicar que as sesións terán lugar todos os martes e xoves, en dúas quendas, nas que se repartirán as 24 persoas que participarán este ano no programa, cun claro obxectivo de prevención da enfermidade. arca

07 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.