Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Silleda última a dotación dun ximnasio no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira

O Concello de Silleda está a ultimar nestes días a dotación dun pequeno ximnasio nunha das aulas polivalentes do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. O proxecto foi adxudicado á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L, –única firma presentada ao proceso de licitación– por importe de 27.104 euros, , dos que o Concello de Silleda aporta a maior parte (máis de 14.000 euros) e o 45% restante se financia a través do Programa Leader, coa convocatoria do Agader.

Con esta iniciativa instálanse nunha das aulas da parte superior do edificio, que se corresponde ca ampliación do centro, varias máquinas para realizar exercicio físico (bicicletas estáticas, elípticas, cintas andadoras e tamén un área de pesas).

A dotación, de acordo ca Asociación Cultural Vista Alegre, virá a incrementar os servizos que se ofrece neste centro municipal, onde xa se realizan dende hai anos actividades e cursos realizados co exercicio físico e o benestar.

Con este proxecto continúase apostando polas melloras do Centro Cultural Vista Alegre, ofrecendo ademais aos veciños e veciñas do municipio un novo espazo no que realizar exercicio físico, e que se abrirá ao público en canto as condicións sociosanitarias o permitan.

21 sep 2020 / 13:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.