Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Trasdeza pinta o Camiño’ conclúe o vindeiro día 17 cunha exposición

Silleda. O vindeiro día 17 de abril terá lugar a inauguración da exposición Trasdeza pinta o Camiño, resultado da xornada de pintura en vivo do mes de marzo no marco do proxecto co mesmo nome que promove o Concello de Silleda. A iniciativa enmárcase no programa O teu Xacobeo da Xunta, que achegou algo máis de 9.000 euros para o desenvolvemento do conxunto de actos.

A mostra conta con seis obras que recollen os enclaves culturais e naturais da Vía da Prata e do Camiño de Inverno que foron seleccionados polos escolares dos centros educativos silledenses, e que artistas locais comezaron durante unha xornada de pintura en vivo. Os artistas participantes na citada exposición son Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que recollen baixo diferentes técnicas e estilos o entorno do Camiño. s. e.

10 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.