Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un spaniel triunfou entre os cans do feiral silledense

Deza. O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui alzouse como campión da 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia Abanca, disputada no recinto feiral de Silleda dende primeira hora deste sábado, e que seguirá este domingo ca 102ª mostra nacional e a 45ª internacional de cans.

O animal, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence a Gabriele Feldmann e Sascha Feldmann e foi presentado por José Luis Santiago, de A Coruña. O segundo posto foi para o australian shepherdog Once In a Lifetime de la Noval, de María Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias, mentres que o terceiro acadouno o can de raza schnauzer miniatura negro Made in Spain Heru, de Jacqueline Lasry, de Madrid.

Ademais, en moi cachorros o vencedor foi a australian shepherdog Zoom in Me de la Noval, de María Sonsoles Hevia, de Asturias; en cachorros foi a zwergpinscher Lesta´s Jewel, de Javier Lesta Martínez, de A Coruña; en xóvenes impúsose o schnauzer miniatura negro Aidante Everybody´s Everything, de Ante Lucin/Javier González Medikote, de Valencia, e en veteranos a campioa foi a akita americano Bruja de SalamancaBull, de Fernando Moreno Reoyo, de Salamanca. En razas españolas gañou o mastín dos pirineos Sakeros Uran. M.O.

10 sep 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.