Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha árbitra de rugby, entre os Maruxa Gutiérrez

Lalín. Laura Galego Vázquez, pola empresa Laura Galego Clínica Dental; o equipo de Dirección Supernova Asistencias S.L.U.; Luísa Rodríguez Rodríguez, pola empresa Taberna de Penalta de Madriñán; e Marta Varela Fernández, primeira árbitra de rugby galega en rexional, resultaron gañadoras do XVI Premio ás Mulleres Dna. Maruja Gutiérrez 2022, promovido polo Concello de Lalín a través das concellerías de Igualdade e Comercio con motivo da celebración do 8-M e dirixido a distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal das mulleres lalinenses no ano 2022.

Este premio nace coa finalidade de difundir as achegas das mulleres lalinenses á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades a fin de que sirva de exemplo para toda a sociedade e referente para as novas xeracións de mulleres.

Ditos premios serán entregados nun acto que terá lugar o luns 8 de marzo ás 20.30 horas no museo municipal. arca

04 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.