Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

agasallou ás empresas no Día das Letras

Vila de Cruces. O Concello de Vila de Cruces repartiu agasallos entre os comercios e locais de hostalería do municipio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano foi na honra do escritor ourensán Florencio Delgado Gurriarán.

Así, a concelleira Mireya Otero e o tenente de alcalde, Julio López de Vila, estiveron repartindo polos comercios do concello máis de 1.300 unidades de bolsas reutilizables coa imaxe do escritor, e nos establecementos hostaleiros entregaron máis de 500 gardamanteis de papel nos que tamén se aprecia a imaxe de Florencio Delgado.

agradecemento. Desde o Concello explican que sendo Vila Cruces berce de afamados escritores, “un ano máis vólvese reivindicar aos escritores galegos que dan nome ao noso país, e ao mesmo tempo axudan ao comercio local e á hostalería. Con estes agasallos o goberno busca chegar a todas e cada unha das casas de todos os veciños e que poidan así compartir e dar a coñecer ao escritor Florencio Delgado Gurriarán”, comentan os responsables.

Indicar, finalmente, que na súa calidade de responsable do departamento municipal de Cultura, o concelleiro Julio López quixo amosar o seu agradecemento á importante colaboración levada a cabo pola Xunta de Galicia na promoción e na difusión de todos os grandes escritores “que defenderon a nosa lingua, dentro e fóra das nosas fronteiras”, sinalou o edil. arca

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.