Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o Silleda Camiña despois das vacacións

SILLEDA. O Concello de Silleda porá en marcha despois da Semana Santa, e sempre que así o permitan as condicións sanitarias, o programa Silleda Camiña. En principio, segundo sinalan dende o goberno local, o programa arrancará cunha das dúas vertentes: a das camiñadas semanais pola vila de Silleda e arredores, nas tardiñas dos martes e xoves, co asesoramento do técnico municipal de Deportes. O obxectivo, lembran fontes municipais, é “fomentar hábitos de vida saudables, así como os desprazamentos a pé, nun entorno no que xa existen vías onde as persoas priman por encima dos vehículos”. O coñecemento de espazos turísticos e rutas é outra das liñas deste programa, con saídas mensuais que se irán organizando nos vindeiros

meses. A iniciativa está aberta á participación de persoas de todas as idades. As que desexen inscribirse e recibir máis información poden chamar ao 650 953 872. Se a situación mellora haberá saídas de fin de semana. A.P.

31 mar 2021 / 19:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.