Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A aula de educación de persoas adultas arzuá acolle unha ducia de nacionalidades e culturas

Arzúa. A aula de educación de persoas adultas do Concello de Arzúa é a viva mostra da convivencia de distintas nacionalidades, culturas, relixións e costumes. É un desafío que afrontan multitude de institucións de ensino e que pode plantexar problemas, pero na opinión de Luis Vázquez, responsable da aula, “traballar cunha diversidade tan grande é un valor engadido, principalmente enriquece, sobre todo ao alumnado máis novo e ofrécelle unha visión global, aberta e máis realista do mundo no que vivimos”, di.

“O problema máis evidente da diversidade é o idioma, unha persoa non pode aprender se non sabe falar e escribir correctamente. A miúdo estou a correxir o xeito de falar do alumnado procedente de Latinoamérica, pero non o seu acento, esa non é a cuestión, pero se non saben como se pronuncia unha palabra é máis difícil que saiban como se escribe”, indica.

Un soño deste profesional do ensino é crear unha “aula de enlace” para o alumnado que chega sen saber falar galego e castelán. O obxectivo sería que o estudante poida desenvolverse ben para despois acceder ao resto dos contidos. c.e.

17 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.