Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acaba o obradoiro de emprego de Touro, Boqueixón e Vedra

Onte celebrouse en Touro o acto de clausura do obradoiro de emprego Ulla, Boqueixón, Touro, Vedra 2019, unha iniciativa formativa na que participaron vinte alumnos e que contou con dúas especialidades: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Este taller dirixido a mozos e mozas desempregados contou cun investimento de 400.000 euros.

Da clausura encargouse o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen acompañou aos alcaldes dos tres municipios implicados. Durante o acto apuntou que despois de algo máis dun ano de formación, xa que estes cursos se pospuxeron durante os meses de confinamento e se retomaron cumprindo coa duración establecida inicialmente, “agora toca saír a buscar un emprego co aval da mellor formación nunha área na que existe unha gran demanda”, asegurou.

O representante do Goberno autonómico lembrou a dobre utilidade destes cursos porque, por unha banda, ofrecen aos alumnos “unha remuneración que lles permite poder poñer toda a atención na súa formación teórica e, por outra, na parte práctica, céntranse en actuacións e na prestación de servizos municipais, polo que son moi valorados polos propios concellos, que son os encargados da organización e da selección do profesorado e dos participantes”. Tamén lembrou que o Goberno galego vén de aprobar a nova convocatoria de obradoiros e puntualizou que na comarca de Santiago está prevista “a realización de oito talleres formativos: cinco ordinarios duais e tres de garantía xuvenil”.

24 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.