Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aclaran o traslado do mercado de Melide

O pleno extraordinario serviu para que o Concello recalcase que se mudou por seguridade

Ante as críticas que suscitaron na oposición as modificacións feitas polo goberno melidense no tocante aos mercados dominicais, onte celebrábase un pleno extraordinario no que o Concello quixo deixar ben explicados os motivos que suscitaron o cambio de ubicación da feira, que se trasladou do casco antigo á zona do edificio Multiusos.

“A normativa establecida pola Xunta de Galicia en materia de sanidade deixábanos un escenario con tres opcións: pechar o mercado, reducir os postos ou cambialo de sitio para cumprir coa regulamentación existente”, sinalou o executivo na sesión plenaria, deixando claro que os sanitarios son os únicos motivos do traslado.

“Atopámonos nunha situación de risco extremo de contaxio na vila, con 75 casos activos na actualidade, polo cal o equipo de goberno está aplicando medidas de sentido común e responsabilidade, mentras que outros se adican de forma malintencionada a erosionar o goberno empregando unha cuestión de saúde pública”, apostillaron dende o goberno local. Por certo que o executivo mantivo unha xuntanza cun sector dos comerciantes para darlle conta das razóns polas cales o mercado dos domingos mudou o seu lugar. Ademais, contemplouse a creación dun grupo de traballo entre o colectivo e a Corporación.

Pola súa parte, os populares conclúen do pleno de onte unha “total falta de interese e busca de solucións sobre un tema de calado municipal como é o pan que dá sustento a moitas familias melidenses e tamén aos ambulantes que indirectamente participan na riqueza económica desta vila”, sinalaron.

A xuízo da portavoz do PP, Dalia García, “o goberno bipartito de Pérez e de Prado actúa con incoherencia e victimismo abocando a Melide a un esmorecemento comercial en comparativa con outras vilas de ao redor”, sentenciou. “Mentres outros concellos poñen encima da mesa cantidades próximas ao medio millón de euros para reactivar a economía, Melide parapétase tras unha pandemia para desoír aos afectados”, apuntou García.

20 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.