Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Acondicionan os pavimentos fóra e dentro da piscina local de Tordoia

Tordoia. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o Concello de Tordoia para supervisar o estado final da obra de acondicionamento realizada na piscina municipal e que mellora notablemente as condicións de uso para os veciños. Neste sentido, Lete salientou a importancia do mapa de infraestruturas deportivas de Galicia que grazas ao traballo do Goberno galego en colaboración coas entidades locais e provinciais, “adecúase cada día máis ás necesidades da poboación para que os nosos deportistas poidan adestrar e competir nas mellores condicións”, indicou o responsábel autonómico.

Acompañado polo alcalde Eduardo Antonio Pereiro, Lete Lasa comprobou o estado da piscina municipal na que se vén de realizar reformas por importe total de preto de 40.000 euros (39.985,79), dos que a Secretaría Xeral achegou 16.000 euros e o Concello de Tordoia os restantes 24.000 (23.985,79).

Na actuación de acondicionamento da piscina limpáronse e fixáronse as losetas, e realizouse unha importante labor de pavimentación no exterior instalando un pavimento absorbente de impactos de caucho continuo e acabado en cores, así como a colocación de pedra.

Finalmente, Lete Lasa destacou a importancia do deporte en Tordoia e dos seus deportistas como o halterófilo Martín Liste que xa lle dá nome ao ximnasio municipal e que foi recoñecido pola Xunta en 2019 co Premio Deporte Galego ao Xogo Limpo. Arca

02 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.