Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acusa o PSOE de Trazo ó exgoberno de non xustificar “mariscadas”

Amplía a súa denuncia sobre gastos cunha factura de 12.000 € destinada a ese fin

Trazo. A agrupación socialista de Trazo vén de ampliar a querela presentada polos delitos de falsidade documental e administración desleal do patrimonio público (malversación) contra o exalcalde de Trazo, Xosé Dafonte Varela, e a secretaria-interventora do Concello, María José Nartallo Penas. Unha ampliación motivada tras descubrir que o Concello de Trazo pagou máis de 12.000 euros en máis dun cento de mariscadas e sobremesas con bebidas alcohólicas sen ningún tipo de xustificación legal durante os anos 2015 e 2017.

A voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez, explica que “revisando a documentación dos anos 2015 a 2017 vimos de destapar un novo escándalo de sobregasto e paparotas do PP de Trazo por toda Galicia. É un auténtico roubo ás arcas municipais e aos veciños e veciñas”.

Neste sentido, adianta que “non imos descansar ata conseguir o reintegro de todos os cartos roubados á veciñanza mentres a actual alcaldesa e o seu socio de Somos Trazo miraban cara outro lado”.

Domínguez Siaba insiste en que “estamos falando de algo moi grave, porque xa son máis de 42.000 euros sen xustificar, un despilfarro que tivo lugar mentres a actual rexedora e o seu novo tenente de alcaldesa estaban no grupo de goberno, pero preferiron mirar cara outro lado”. arca

29 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.