Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Afirma traballar “arreo” o goberno melidense para evitar problemas no río

MELIDE. Esta semana a Asociación de Troiteiros Río Furelos denunciaba a aparición dun novo vertido nas augas do río, procedente de novo do polígono da Madanela. Dende a entidade consideran que esto demostra “unha falta de compromiso” por parte do goberno melidense e insisten en que é un síntoma “da incapacidade” do Concello. Ante as críticas, a Corporación municipal asegura que nos últimos 20 anos “nunca se puxeron tantos recursos para solucionar un problema que non é de agora”, sinalan fontes municipais. A finais de decembro “recibiuse de augas de Galicia o proxecto de trasvase das augas residuais a Edar polo que a pasividade da que acusan ao goberno implica un descoñecemento total do que son os trámites administrativos de contratación” dunha administración pública. O Concello “traballa arreo”, sentencian. a.prada

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.