Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 06 diciembre 2021
02:00
h

Amarai vende tellas coa fin de axudar ás persoas con discapacidade

ARZÚA. Un total de 30 socios de Amarai (Asociación de Persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide) pintaron e prepararon tellas solidarias que se porán á venda na páxina web www.amarai.es para recadar fondos para as actividades do centro. O coronavirus, o Camiño de Santiago, Rosalía de Castro o Castelao son algúns dos motivos escollidos polos usuarios da entidade. A proposta conta coa colaboración da empresa fabricante de tellas Tejas Verea, e foi presentada onte no municipio de Boimorto. A recadación destinarase a actividades de ocio e tempo libre e á compra de materiais como pinturas, mimbre ou coiro para os talleres que están realizando desde fai tempo. O presidente de Amarai, Jose Luis Costoya, agradeceu a colaboración brindada pola empresa Tejas Verea. A.P.

17 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.