Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca a entrega de títulos da parcelaria de monte na parroquia de Budiño, no Pino

O Pino. O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu onte o acto de entrega de títulos da concentración parcelaria de monte na parroquia de Budiño, o que beneficiará a 470 propietarios, tras reorganizar unha superficie de case setecentas hectáreas. O conselleiro lembrou que a Xunta fixo un investimento nesta parcelaria de case 1,4 millóns de euros e que “preto do 70 por cento da superficie do Pino está concentrada”. Pola súa banda, o alcalde, Manuel Taboada, pediulle a José González que inicie o antes posible a concentración de monte nas parroquias de Arca e de Pereira. Antonio Regueira, da Asociación de Veciños de Arca, entregoulle ao conselleiro máis de 200 firmas de propietarios solicitando o proceso.

No acto, no que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o conselleiro sinalou que grazas a estes procesos “mellórase a estrutura da propiedade, o que permite aumentar a base territorial das explotacións da zona e diminuír os seus custos de produción”. Neste senso, José González sinalou que coa reorganización desta zona, pasouse de 4.983 predios a case 700 fincas, multiplicando case por oito a superficie media das parcelas resultante. Así, remarcou, “pasouse de 1.400 m² a case 11.000 m² de superficie media por terro, o que evidencia a utilidade destes procesos”.

Os propietarios de Budiño están citados ata mañá a recoller os títulos no local social da parroquia. Onte pasaron os veciños de Carolliño, Parañoa, Quintás e San Migueliño. A.P.

06 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.