Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca xa a semana máis musical da vila melidense

Melide. A Coral Polifónica, co patrocinio do Concello de Melide, organiza un ano máis a Semana da Música da Terra de Melide, que neste 2022 acada a súa trixésimo segunda edición. Serán seis días cheos de ritmo que dan un importante pulo a grupos e solistas melidaos e da comarca. Todas as actuacións terán lugar no centro sociocultural Mingos de Pita ás 20.30 horas do respectivo día. O evento celébrase en lembranza de Javier Rodríguez Pampín, exalcalde da vila finado o pasado mes de agosto, que foi presidente e membro activo da Coral Polifónica.

As actividades arrancan este venres coas actuacións da Bandiña de Melide, Kase7e e Cuarta Xusta. Posteriormente, o sábado, terán lugar as actuacións de Suso Ascariz, da Charanga Os Amigos de Visantoña e Os Melidaos. O domingo 20 é o turno da Banda-Escola de Música de Visantoña, a Coral Polifónica Vía Sacra de Sobrado dos Monxes e a Asociación A Maristela, do mesmo municipio. A seguinte fin de semana chega tamén cargada de música. O 25 é o turno de Pozo Pequeno e os solistas Xoán Curros e Irene Ruíz; ao día seguinte de Froito Novo, a Coral Polifónica de Santiso e Leirabuxo. O 27 pechan Herba Grileira e a Coral Polifónica melidense. c.e.

18 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.