Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa acolle a curta do Concurso de guións
anti-violencia machista

Arzúa. Por segundo ano consecutivo, alumnas do IES de Arzúa gañan o Concurso de guións contra a violencia machista, que convoca a área de Igualdade da Deputación. Este venres estreouse a curta baseada no texto gañador.

A peza leva por título Pequenas grandezas e a cita foi ás 20.30 na Capela da Madalena arzuá. Na estrea participaron as alumnas gañadoras, Andrea Varela García e Aurora Rodríguez Rodríguez, que estiveron titorizadas pola profesora María Esperanza Rocamonde Iglesias. Tamén asistiu o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas. O xurado destacara no seu informe que o traballo gañador “incide na violencia vicaria, ten moi boa estrutura e moita capacidade de integrar ao alumnado das distintas etapas”. Neste sentido, Xosé Lois Penas lembrou que desde o departamento provincial de Igualdade considerouse que a temática nesta edición fose esta violencia, “que aparece xa recollida na lexislación galega desde xullo de 2019”. C.E.

29 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.