Arzúa acolle a Mostra da Apicultura Galega
arzúa. O recinto feiral de Arzúa acolle este sábado a celebración da 37 Mostra da Apicultura Galega, organizada pola AGA. As conferencias, charlas e mesas redondas celébranse no Salón da Pulpeira de San María, mentras que frente ó Centro de Divulgación do Queixo e da Mel haberá unha exposición. A xornada ábrese ás 10.30 horas cunha conferencia sobre Artesanía alimentaria a cargo de Xoán Miguel Concheiro Abal. Para as 11.30 horas está prevista a presentación do libro Reproducción Apícola. Tratado do criador, por Marcos Varela Lorenzo. A Asemblea extraordinaria de AGA será ás 12.30 e despois abordarase a resistencia aos tratamentos de varroa. arca
11 jun 2022 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.