Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa acollerá un obradoiro para mulleres coidadoras ata novembro

A iniciativa trata de dar orientación, apoio e acompañamento en diferentes niveis

Arzúa. A dependencia na contorna familiar é unha realidade cada vez máis frecuente, e xeralmente as mulleres asumen o rol principal da asunción dos coidados. É un rol que se vai collendo de forma paulatina, moitas veces sen ser conscientes.

Esta asunción de responsabilidades, ben sexa por imposición ou elección, non implica necesariamente ser coñecedora do que supón o novo papel a adoptar. A falta de información sobre como enfrontarse a unha situación nova e inesperada, ocasiona un estado de incerteza e de desasosego, xerando malestar tanto a nivel físico como emocional que afecta á súa calidade de vida.

Conscientes desta situación, e para paliar estas consecuencias, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa e a Fundación Mujeres, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverán en Arzúa un novo obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes. A iniciativa é concibida como un recurso de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (emocional, formativo, de activación persoal e social) que será un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia.

O obradoiro constará de oito sesións que se impartirán os xoves, desde o 29 de setembro ata o 17 de novembro, na Aula Multiusos de Edificio Sociocultural María Mariño de Arzúa. A inscrición é gratuíta e hai que facela no CIM arzuán ou chamando ao 981 501 101. c.e.

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.