Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa amosa a visión sobre o Camiño de trinta artistas

Arzúa. Onte inaugurábase en Arzúa a quinta edición da exposición colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que se poderá visitar na Capela da Madanela. Máis de trinta artistas galegos plasman o seu punto de vista sobre o Camiño de Santiago a través das súas obras. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto en horario de 19.00 horas a 21.00, de martes a venres.

Nesta mostra poderanse ver, entre outras obras, o alberge de Ribadiso de Antonio Abad, os peregrinos de Óscar Aldonza e Marcos López, o Camiño Portugués de Isabel Alonso, os gaiteiros de Carlos Barcón, a peregrina de Violeta Bernardo, Montse Pernas e Margot Liñeira; a procesión a Compostela de Tino Canicoba e o Camiño ao seu paso por Arzúa de Moisés Suárez, María José Plata, Mila Vázquez e Siilvática. A galería tamén conta coa participación da arzuá Rebeca Novo.

Aurora Varela, concelleira de Cultura, aproveitou a ocasión para convidar a “todos os veciños e veciñas de Arzúa para que, ao longo deste mes de verán por excelencia, se dean unha volta pola Capela da Madanela para desfrutar do maravilloso traballo desta trintena de artistas que amosan a través das súas obras un punto de vista persoal, diferente e atractivo sobre un dos nosos maiores tesouros; o Camiño de Santiago”. Agradeceu tamén aos artistas o seu interese por participar desta “magnífica iniciativa” que se consolida en Arzúa como unha das propostas mellor valoradas. c.e.

04 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.