Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa aproba os orzamentos 2021: os máis altos e máis sociais da súa historia

Arzúa. A sesión plenaria telemática de Arzúa daba onte luz verde aos orzamentos máis altos e máis sociais da súa historia. O presuposto total para este 2021 ascende, por primeira vez na vila, a 7 millóns de euros. “Son o resultado dun importante esforzo do actual goberno para primar, na difícil situación económica e sanitaria que estamos atravesando, as áreas de servizos sociais, medio ambiente e turismo”, sinalan fontes municipais.

Son ademais os primeiros orzamentos participativos do concello; todos os grupos políticos que forman parte da Corporación municipal tiveron a oportunidade de facer

as súas aportacións a un proxecto orzamentario destinado fundamentalmente á reactivación económica local e á protección social de todos os veciños e veciñas.

Así, este ano virá marcado por unha aposta polos servizos sociais municipais. Esta área de goberno, asumida nesta lexislatura baixo o amparo directo da alcaldía, tratará de garantir a cobertura á maioría de persoas dependentes da vila co programa de atención individualizada do Servizo de Axuda no Fogar. De feito presentouse a tramitación dun contrato de prestación de dito servizo, no que se contempla a estimación de 35.000 horas de prestación. Segundo sinala o rexedor, José Luis García, “é esencial para a vida destas persoas e as súas familias que son clave para a concilicación familiar e a calidade de vidas dos nosos veciños e veciñas”.

Ofertaranse tamén programas de atención aos nenos e nenas mediante as diferentes propostas de conciliación para os períodos non lectivos “e tratarase de pór en marcha un ambicioso servizo de canguraxe no que está traballando a Oficina de Información á Muller (CIM)”, indican dende o goberno local.

O foco tamén está posto nestes orzamentos no medio ambiente e no traballo da marca Arzúa como destino verde. É destacable asemade no proxecto aprobado onte o capítulo de investimentos, no que se recolle o acondicionamento íntegro da rúa do Carme, no casco histórico. A.P.

07 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.