Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa busca o cartel da Festa do Queixo do vindeiro 2023

Poderanse presentar un máximo de tres traballos ata o 12 de decembro como límite

Arzúa. Os días 3, 4 e 5 de marzo Arzúa vivirá a 48 edición da Festa do Queixo. Aínda queda tempo para a cita, pero o Concello xa ten en marcha o concurso de carteis para escoller o deseño que anuncie a cita de 2023.

Cada autor ou autora poderá participar cun máximo de 3 traballos e recoméndase presentar o deseño con soporte ríxido de cartón pluma ou similar e con sistema para colgalo. Asemade, non debe figurar o nome dos autores na obra, senón que debe plasmarse un lema ou un título.

Respecto ao xurado, vai valorar especialmente a creatividade da arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Asemade, terá en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems).

Os orixinais deberán recibirse ata o 12 de decembro de 2022 ás 14.00 h na Oficina da concellaría de Cultura do Concello de Arzúa. A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela da vila, o luns 19 de decembro, e os deseños serán valorados por un xurado cualificado designado polo Concello. O 4º premio será escollido por votación popular (levará un agasallo especial). O gañador obterá 600 euros, o segundo 300 € e o terceiro, 100 euros. c.E.

01 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.