Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa celebra con propostas culturais o Día da Infancia

Arzúa. O Concello de Arzúa, a través do departamento de Cultura, celebra, un ano máis, o Día da Infancia con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns. Os nenos dos centros educativos da vila poderán divertirse con actuacións musicais e teatrais organizadas polo Concello e que se realizarán en horario lectivo no Multiusos Terra do Queixo.

A primeira función tivo lugar este luns e consistiu nunha actuación musical a cargo de Oviravai titulada As andanzas de Paio, da que desfrutaron os alumnos de Infantil. A seguinte cita ten lugar este martes e a quenda é para o alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria, que participarán no espectáculo Black en familia, que percorre os estilos musicais nunha divertida viaxe, cargada de anécdotas, onde descubrir o góspel, o pop, a bossa, o rock ou o reggae.

Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 16, día no que poderán ver o espectáculo Popsía de Fran Amil. Por último, o xoves 17, os mozos da ESO pecharán este programa coa función Música e lingua de Zënzar. c.e.

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.