Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa deixa ocultos con plástico os indicadores de entrada á vila instalados no mes de novembro

Arzúa. Os totem, uns dispositivos metálicos verticais instalados na estrada nacional N-547 ás entradas da vila, vinilados coa indicación Arzúa, e acompañada doutros lemas e logos institucionais (Concello, Xunta), levan ocultos por plástico negro dende o día posterior á súa instalación, na primeira quincena de novembro de 2021.

Tras solicitar e preguntar o Partido Popular municipal por esta cuestión en repetidas ocasións ao goberno municipal, finalmente o executivo local de AxA-PSOE, de boca da concelleira de Obras, Begoña Balado, do PSOE, asegurou no pleno ordinario de 5 de maio que na semana seguinte serían destapados.

Transcorreron xa tres semanas dende aquel pleno, e dado que os totem están aínda ocultos, o PP rexistrou unha nova petición formal ao alcalde, José Luis García, para que solucione esta insólita situación.

O voceiro popular, Rafael Rivadulla, afirma que “a cuestión é do máis insólita”, pois “o custo dos totem ascendeu a 6.110,50 €, que era un importe destinado á promoción do Xacobeo e de embelecemento do Camiño, grazas a un convenio coa Axencia Galega de Turismo”. p.a.

28 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.