Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa destina axudas do PEL a autónomos e microempresas locais

O Concello adhírese ao Plan Provincial para crear esta liña de apoio e impulsa o patrimonio

Arzúa. Arzúa vén de celebrar a sesión plenaria do mes e, entre outros asuntos, o goberno local comunicou a todos os grupos políticos municipais a adhesión do Concello ao Plan Provincial PEL- Reactiva. Esta semana o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba a aceptación, por parte da Deputación da Coruña, do Concello arzuán no fondo de financiamento para a reactivación económica e social a través deste plan provincial.

O goberno local aportará a cantidade de 25.264 euros, que sumados ao importe que financia o ente provincial, 101.059 €, “derivará na convocatoria dunha liña de axudas que se destinará a traballadores autónomos con ou sen persoas ao seu cargo e a microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre que se atopen nas circunstancias que se establecen nas normas reguladoras de dito plan”, sinalan fontes da administración local.

TURISMO. No pleno, o executivo local deu luz verde a varios labores en diferentes infraestruturas turísticas para axudar a reactivar a economía local. Un dos obxectivos do Concello é o acondicionamento e posta en valor dos restos de Castro Curbín. Ademais, o goberno ten previstas dúas actuacións na Fervenza das Hortas. Búscase arranxar o roteiro e facer unha pasarela de madeira. A.P.

31 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.