Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa está presente no documentario sobre María Miramontes

A concelleira de Cultura dá o seu testemuño sobre a activista galega

Arzúar. O Concello de Arzúa participa no documentario María Miramontes, tecedora dun país, de Nós Televisión. Cos testemuños, entre outros, da concelleira de Cultura de Arzúa, Aurora Varela, do sobriño neto de Ánxel Casal, Encarna Otero e María Xosé Bravo, visibilízase a figura e a vida de María Miramontes que estivo próxima a ficar no esquecemento.

A súa invisibilización ten dous motivos: ser muller e vítima da represión franquista. Filla de xornaleiros, comeza a traballar como costureira con só 11 anos na cidade da Coruña. Militará nas Irmandades da Fala e formará parte da súa xunta directiva. Nese ambiente activista coñecerá a Ánxel Casal, o seu marido e compañeiro de loitas, co que decidirá instalarse en Santiago unha vez sexa proclamada a República.

Modista reputada na sociedade santiaguesa, o seu traballo foi fundamental para o sostemento económico das diversas iniciativas editoriais e culturais do galeguismo: as Irmandades da Fala, as editoriais Lar e Nós e as Escolas do Insiño Galego. Xunto a outras militantes, María vai participar activamente da criación do Partido Galeguista e da campaña a prol do Estatuto de Galiza. Após o golpe de Estado e a detención e asasinato do seu home, Ánxel Casal, vese obrigada a marchar para o exilio. Será en Buenos Aires onde falecerá o 17 de setembro de 1964.

A reportaxe conta coa colaboración da Deputación da Coruña e dos concellos de Arzúa, Santiago de Compostela e Bergondo. s. e.

07 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.