Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa insta
a Educación para reforzar o apoio ao alumnado

O pleno reclama que
se repoña a praza
de especialista en pedagoxía terapeútica

Arzúa. As ANPA do CEIP de Arzúa lembran que no último pleno municipal instouse á Xunta a repor a praza de especialista en pedagoxía terapéutica no CEIP de Arzúa e a cesar “no ataque aos servizos públicos no rural”.

A moción foi proposta polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) no último pleno de 2021 e apoiada adicionalmente polos partidos no goberno municipal, Alternativa por Arzúa e PSOE. Compromiso por Galicia absteuse e só o PP votou contra a moción, aínda que o seu voceiro manifestou o seu apoio ás Asociacións de Nais e Pais do centro, que lanzaron inicialmente esta reclamación.

As ANPA dirixíronse xa a finais do ano pasado á Consellaría de Educación para solicitar que se manteñan polo menos as mesmas horas de docencia especializada que no ano académico anterior. Segundo explicaban daquela as ANPA O Formento e Xermolos, a pesar dun aumento de case 28 % no alunado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, os recursos

atribuidos ao centro para atender a estas cativas e cativos redúcense á metade respecto ao ano anterior.

EMPEORAMENTO. As asociacións afirman que observan que non só empeora a atención a crianzas con necesidades específicas, senon que existe impacto sobre o resto do alunado, ao substraerse tempo de preparación das sesións e coordinación ao profesorado ordinario, por teren que suprir as funcións do profesorado especializado. arca

17 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.