Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa mellora a seguridade vial con dous semáforos

ARZÚA. O casco urbano de Arzúa viña sufrindo dende hai tempo importantes problemas de retencións debido ao aumento de tráfico no municipio, que se fixo máis notable coa apertura do tramo da autovía A-54 que finaliza en Arzúa e que no futuro enlazará as cidades de Lugo e Santiago. Para resolvelo elimináronse dous pasos de peóns no centro urbano, un deles próximo ao cruce principal e o outro ao carón da rúa Alcalde Juan Vidal, no que se teñen rexistrado accidentes nos últimos anos. Ambos pasos foron substituídos por un único central fronte á Praza de Galiza. Neste novo paso, o cruce de peóns quedará regulado a través dun semáforo para facer así máis seguro e cómodo o tránsito dos cidadáns nun dos núcleos de maior actividade da vila. Un segundo semáforo regulará o paso de peóns ubicado fronte ó consistorio, que presenta un alto índice de perigosidade. Ambos semáforos funcionarán a finais desta semana. c.a.

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.