Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa Outlet trae grandes descontos ata o 31 deste mes

Arzúa. Do 22 ao 31 de agosto o Centro Comercial Aberto de Arzúa celebrará o Arzúa Outlet, unha campaña comercial organizada por AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa) para impulsar as vendas ao remate da tempada de verán, na cal os comercios ofrecerán produtos en stock con grandes descontos.

Trátase dunha boa forma para que os clientes acudan á caza das gangas e das ofertas de cara o final das segundas rebaixas. Os comercios participantes terán unha decoración común para ser identificados polos consumidores con globos de cores xunto coa moqueta da AECA. Durante o Arzúa Outlet poderanse atopar artículos de liquidación expostos ao público no exterior dos locais; na beirarrúa.

O último día da campaña, o 31 de agosto, AECA levará a cabo na Praza de Galicia un reparto de agasallos promocionais ata fin de existencias (300 packs de produtos) para premiar as compras por importe mínimo de 30 euros efectuadas nalgunha das 20 tendas asociadas participantes nesta iniciativa. Haberá actividades de animación. c.g.

23 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.