Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa programa maxia e circo para este Nadal

ARZÚA. O Concello de Arzúa iniciou o pasado día 8, coa xornada adicada ao comercio local, a súa programación de Nadal e continuará ata o día de Reis. Mañá a cativada poderá desfrutar ás 18.00 horas no Multiúsos Terra do Queixo do espectáculo de maxia Lingua do país, e xa o 29 tocará unha función de clown chamada Cirnanela, á mesma hora e no mesmo lugar. En xaneiro o día 2 Swing Café animará as festas, e o 5 os Reis Magos visitarán o municipio. O departamento de Cultura deseñou para ese día unha gala que contará cun espectáculo da man de Cayetano Lledó. Nesta proposta haberá que inscribirse previamente para controlar o aforo no 981 500222 ou en cultura@concellodearzua.com. O público estará sentado presenciando un gran espectáculo de maxia e teatro que contará coa visita das Súas Maxestades e que será no Multiúsos en dous pases (17.30 e 19.00). Pasarán a saudar á cativada e entregaranlles agasallos coa axuda dos paxes. A.P.

27 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.