Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa recibirá a primavera cunha ampla programación cultural

Hai obradoiros para a cativada, exposición e accións polo Día do Libro e das Letras

Arzúa. Co mes de marzo e a proximidade da Semana Santa, o Concello de Arzúa ten preparada unha ampla programación baixo o título Primavera de Cultura. A primeira proposta terá lugar durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 e 5 de abril. “O obradoiro A Vila do Mañá volta ao noso municipio despois do éxito da súa primeira edición celebrada no pasado mes de setembro no que participaron unha vintena de rapaces e rapazas”, sinalan fontes municipais.

Por outra banda, do 16 ao 30 de abril, a Biblioteca Rosalía de Castro acollerá unha exposición de ilustracións cunha colección de traballos de M.J. Plata. Durante o mes de abril conmemorarase con varias accións o Día do Libro que se celebra o venres 23.

Por último, do 23 ao 30 de abril porase en marcha a campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila Arzúa Conta. Ao longo deses días con cada compra dun libro en calquera das librarías locais, entregarase un lote de agasallos ata agotar existencias. As propostas de Primavera de Cultura, engaden dende o Concello, terá continuidade no mes de maio “con actividades centradas especialmente na celebración das Letras Galegas”. A.P.

18 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.