Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa retoma o programa Coñece o teu país o día 25

Arzúa. O Concello de Arzúa recupera o programa de excursións Coñece o teu país, que volve despois de varios anos sen celebrarse con motivo da pandemia da covid. A iniciativa regresa con catro novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro, de maneira totalmente gratuíta.

A primeira delas será o vindeiro sábado día 25 de xuño á provincia da Coruña. A viaxe será á cidade de Ferrol e nela realizarase unha visita a Exponav, o museo de contrución naval máis importante de Europa. A xornada completarase coa visita guiada á zona monumental.

A segunda excursión corresponde á provincia de Lugo e celebrarase en xullo, o día 30. Nesta ocasión o destino elixido é Sober, para visitar diferentes igrexas románicas deste municipio da Ribeira Sacra e a Casa Reitoral de Gundivós, reconvertida en Centro de Interpretación da Olería. As dúas restantes serán o sábado 27 de agosto a Bueu, na provincia de Pontevedra e, xa para rematar este ano, realizarase unha saída á localidade ourensá de Ribadavia o día 24 de setembro.

As persoas interesadas en participar no programa deben inscribirse na Oficina de Cultura e Deportes. arca

15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.