Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 07 julio 2022
08:47
h

As mellores fotos da Ruta Inglesa van levar premio

Oroso. A Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación de Amigos El Camino Inglés convocan a segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital desta ruta, co que pretenden aumentar a visibilidade e poñer en valor todos os bens patrimoniais, paisaxísticos, etnográficos, gastronómicos e culturais deste itinerario xacobeo dende calquera dos seus puntos de inicio (A Coruña e Ferrol) ata Santiago. Conta, ademais, coa colaboración da Deputación da Coruña.

O certame está aberto a todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que as súas fotografías sexan orixinais e inéditas, estean relacionadas co Camiño Inglés e sexan presentadas antes das 23.59 horas do 12 de setembro de 2022. Cada participante poderá achegar un máximo de 3 fotografías en formato dixital á dirección info@caminoingles.gal, indicando título, localización da obra (lugar e municipio), nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono, email e perfil de redes sociais.

As fotos serán publicadas nas páxinas de Facebook e Instagram da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, elexíndose 22 para unha mostra e premiando as mellores con bonos de 150, 100 e 50 € para gastar nesta ruta. M.O.

24 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.