Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As rúas Mediodía e Víctor González de Ordes serán pronto máis accesibles

ORDES. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará case 320.000 euros, un 70% do orzamento total, para a execución das melloras de accesibilidade de dúas rúas do concello de Ordes: Mediodía e Víctor González Faya. A conselleira, Ángeles Vázquez, e o rexedor, José Luís Martínez Sanjurjo, asinaron onte o acordo de colaboración, onde se recolle que a Xunta licitará as obras, unha vez que se conte co proxecto redactado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación unha vez recepcionadas as actuacións. Ángeles Vázquez indicoulle que este tipo de iniciativas “son prioritarias para o Goberno galego, que aposta por apoiar e financiar proxectos cos que se melloren os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso aos veciños”. C.E.

21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.