Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Axudas de ata catro millóns para obras de abastecemento

Trazo, Tordoia, Frades e Val do Dubra poden beneficiarse destas subvencións // Diríxense a vilas que teñan cinco mil habitantes ou menos

Trazo, Tordoia, Val do Dubra e Frades atópanse entre os concellos de menos de 5.000 habitantes que optan ás subvencións da Xunta para executar obras de abastecemento, saneamento e depuración. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo onte unha reunión na casa consistorial de Trazo cos alcaldes dos catro municipios sinalados para informar desta convocatoria de axudas, cuxo importe é de catro millóns de euros.

O representante do Goberno autonómico destacou que “con esta liña de axudas o Executivo galego segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida das veciñas e veciños dos municipios máis pequenos de Galicia”.

Trenor subliñou que mediante esta convocatoria para o exercicio 2021 subvencionaranse os investimentos realizados desde o día un de xaneiro na execución de obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal; nas obras dirixidas á execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes; ou os destinados á construción de novas infraestruturas.

O importe das mesmas terá un límite máximo de 50.000 euros por solicitude e cada municipio poderá presentar dúas: unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para traballos en sistemas de saneamento e depuración. Os concellos interesados dispoñen dun mes de prazo para a presentación de instancias, contado desde o 25 de marzo.

31 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.