Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 31 enero 2023
12:39
h

Baten dous camións e teñen que excarcerar a un dos pilotos en Ordes

Dous camións colidiron esta tarde en Ordes, no punto quilométrico 6 da DP-2405, e debido ao impacto, un dos condutores resultou ferido e tivo que ser excarcerado polo equipo de intervención do Servizo de Prevención extinción de Incendios e Salvamento de Ordes, para que fose atendido polos servizos sanitarios.

Foi un dos camioneiros quen contactou co 112 Galicia para alertar do accidente, ao fío das 13.15 horas. Segundo indicaba no seu relato, chocara contra un camión de obra, cuxo condutor necesitaba asistencia médica. Engadía que circulaba nun vehículo de transporte de madeira, que nese momento ía baleiro. Axiña, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil, dos Bombeiros de Ordes e do servizo de mantemento da vía de circulación.

04 may 2022 / 20:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.