Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Contan xa con cadansúa placa no Paseo da Fama do Camiño Inglés en Sigüeiro // Recalaron neste concello nos séculos XVI e XVII, respectivamente // O rexedor, Manuel Mirás, aplaude a colaboración escolar na difusión desta Ruta TEXTO M. Outeiro

Carlos I e Cosme de Médici van desfrutar para sempre de Oroso

O Paseo da Fama do Camiño Inglés de Oroso continúa sumando adhesións de sobranceiros persoeiros cos que se quere render homenaxe aos peregrinos máis ilustres que pasaron polo municipio ordense. E, en concreto, veñen de descubrirse as placas para lembrar a Cosme II de Médici, un príncipe herdeiro do gran ducado da Toscana que pasou polo municipio coruñés no ano 1669, e a do rei Carlos I de España, que pasou pola ponte de Sigüeiro para dirixirse hacia A Coruña, onde embarcou hacia Alemania para ser coroado emperador tras o pasamento do seu avó Maximiliano no transcurso do ano 1520.

Ao acto, que respaldou a veciñanza, acudiron o alcalde, Manuel Mirás; o concelleiro de Turismo, Antonio Leira; a concelleira de Ensino, Isabel Fernández; o concelleiro de Medio Ambiente, Javier Grela; e Cristóbal Ramírez, unha das persoas que máis axudaron ao Concello na revitalización do Camiño Inglés, así como a directiva e un grupo de alumnos que cursan nos dous CEIP da zona: Camiño Inglés e Sigüeiro.

Precisamente, o alcalde agradeceu “o traballo dos centros educativos na promoción do Camiño Inglés” e destacou “a importancia de que os mozos e mozas coiden e protexan a ruta no futuro”, lembrando os seus primeiros pasos “para a recuperación e posta en valor” desta Ruta no ano 1991. E do mesmo xeito, Antonio Leira falou para destacar os intercambios académicos con centros británicos grazas ao Camiño Inglés e “as unidades didácticas que se fan nos centros, unha forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos con Margery Kempe e János Zádori, e de que sepan máis cousas desta Ruta”.

A importancia do Camiño Inglés en Oroso medra de forma continua e cada ano os peregrinos e peregrinas fan un gasto no seu paso polo concello de 600.000 euros, principalmente na hostalería e nas pernoctacións, aínda que, loxicamente, a pandemia supuxo un parón. Ademais, Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés e no municipio está o único centro do mundo adicado ao estudo deste roteiro medieval, que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o Ceici (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).

Ao respecto, hai que lembrar que o rexedor Manuel Mirás segue a ser o actual presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, e nunha recente xornada que organizou o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, Mirás informou que, segundo datos da Facultade de Turismo da Universidade de Santiago, o impacto dos peregrinos en 2019 foi de catro millóns de euros só neste itinerario, o Inglés, cifrando nuns douscentos cincuenta euros o gasto e beneficios que xera cada camiñante que pasa polo seu municipio.

Nesa mesma xornada participou tamén o edil Antonio Leira, neste caso para dar a benvida aos asistentes en nome do presidente da Deputación da Coruña, quen non puido asistir por razóns de axenda.

VISITAS. Tamén se fan visitas periódicas ó Reino Unido en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta para levar a cabo unha serie de accións naquel país, dando prioridade á sinalización dos tramos da Ruta Xacobea xa identificados. E foi Leira quen colocou alí o primero deses sinais, en marzo de 2019. Agora estase en mellor disposición de acometer a promoción grazas á citada asociación intermunicipal, “que tamén está a axudar a impulsar este secular percorrido, así como os seus alicientes hostaleiros”, dixo Mirás.

27 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.