Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de vivienda

Arzúa. O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar 2 emendas á proposta de modificación parcial da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana feita polo alcalde de Arzúa, José Luís García López. Así o anunciou a través do seu portavoz en Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos. Segundo indicou Carril, “o alcalde pretende subir o tipo impoñíbel do 17 ao 30%, o máximo permitido pola lei”, cuestión que, desde o BNG, consideran que “na actual situación de alza nos prezos en bens e servizos básicos non parece razoábel realizar unha suba tan pronunciada”, asegurou.

Na mesma liña, desde o Bloque, reclaman que se aplique unha bonificación do 95% da cota do imposto de transmisións da propiedade da vivenda habitual.

“A realidade deste país é moi particular e son moitas as familias que, habitualmente por cuestións laborais, viven e teñen os negocios nas casas familiares. Este tipo de transmisións acontecen, habitualmente, en familias de clase traballadora”, explicou o portavoz nacionalista que, engadiu, “ademais, unha bonificación deste tipo podería axudar, tamén, a fixar poboación no noso concello.” concluíu Carril. arca

29 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.