Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carril propón dotar de máis servizos ao rural de Arzúa

Arzúa. O portavoz do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, presentou unha batería de propostas para que se teñan en conta á hora da solicitude do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña do 2022, e entre as que destacan a dotación de máis servizos para as parroquias.

“Un ano máis, Arzúa beneficiarase de máis de 600 mil euros que chegan a través do POS da Deputación grazas á xestión transparente e igualitaria que o BNG practica no goberno desta institución” explicou Carril. Sinalou que “as propostas do BNG están centradas en dotar as parroquias de máis e mellores servizos, coa ampliación da rede de saneamento e abastecemento de augas ou a mellora no mantemento das pistas e estradas municipais, ambas asignaturas pendentes deste goberno municipal” sinalou.

Así, entre elas figura o inicio da segunda fase das obras de saneamento na Castañeda, o arranxo de pistas en Branzá ou en Oíns e a instalación de puntos de acceso de cobertura móbil e de internet en San Martiño, Dodro e Oíns. Centrándose xa no casco urbano, desde o BNG propoñen que se teña en conta “a necesidade de ir planificando o inicio da segunda fase de humanización da rúa Fraga do Rei, entre outras. arca

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.