Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Centos de persoas na Festa da familia do Pino

O PINO. A primeira edición da Festa da familia O papaventos, que organizou o Concello do Pino, xuntou este sábado na área recreativa da Magdalena a centos de persoas de todas as idades, maioritariamente menores, con moitas ganas de pasalo ben e gozar dunha ampla e variada oferta de actividades para toda a familia. A festa holi permitiulle a pequenos e maiores encher de cor á carballeira e ao resto de participantes. Todos remataron coa súa roupa decorada con vistosas cores. Nenas e nenos apuntáronse enseguida ao xogo de pistas para atopar as mensaxes que

permitían avanzar nesta divertida actividade. Mentres uns preferían xogar cos aros ou andar enriba de latas de conserva, os maiores, incluídos avós e avoas, conversaban animadamente. A actuación do mago Cali sorprendeu ao público cos seus trucos de maxia. Coa súa actuación remataron as propostas da mañá e comezou un xantar popular na que moitas persoas levaron a comida da casa e outros preferiron sentarse nas mesas da pulpería Potel para degustar polbo e churrasco antes de iniciar unha tarde con moitas máis actividades. Os obradoiros de camisetas e papaventos, os xogos que ofrece A eira do paporrubio e o teatro de rúa O estrano caso do dentista da rúa Brasov deron paso ao concerto de Uxía lambona e a banda molona, co que rematou a primeira edición do festexo. C.E.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.